En torno a Vidal Bolaño.
Alicia Crece.( Inesquecible blog de Ruben Ruibal)
Non pasa un día sen ser asaltado pola certeza absoluta da inutilidade do que fago: de escribir, falo, de escribir en galego, ademáis; pero se non pasara sempre había de haber quen mo recordase. Gustaríame lanzar argumentos "de peso" e aproveitarme dun deses filósofos con apelido que comeza por H (muda, inútil) para soltar aquilo de que "a arte é todo o inútil que nos conforta"; abrigarme no mal de moitos, vaia. Pero, aparte de é certo que non me acordo do culpable de semellante cita -eu era dos que suspendía filosofía porque nos exames prefería inventar o que pensaban os mortos -hoxe penso que a palabra "arte" non me agrada vendo con que xentes e cousas se relaciona publicamente, e que a palabra "conforta" faime lembrar á grei de Bieito .
Se cadra, penso con vintecinco anos de retraso, debín elexir
ciencias e dedicarme a observar os bechos, as estrelas (e as estacións espaciais) que andan polo noso ceo, ou á contemplación pausada do crecemento das plantas, pero obrigáronme a escoller cando non tiña idea do que a escolla había de sorprenderme vinte tantos anos despois. Se cadra debín ser músico.
Van alá hoxe sete anos dende que o mestre deixou de
acompañarnos e só un seu amigo parece lembralo publicamente. A todos os demáis o único que parece preocuparlle en tal día son os intereses económicos ou os presuntamente políticos (¡quen nos dera que os tivesen!) derivados do mal funcionamento da maquinaria que vai estrear mundialmente unha das súas mellores pezas ¡máis de quince anos despois de ser escrita!; política (ou ausencia de, mellor dito) e economía parecen rexer de sempre o funcionamento do noso teatro público, houbo un tempo en que mesmo se dicía que o CDG era a oficina de emprego do teatro galego. Algo diría Roberto desta situación, claro que si, Antón, e probablemente a cousa tivera, é certo, un veo poallento de farsa amarga.
Amigos como somos de festexar todo canto aniversario nos
cae no calendario, neste país somos incapaces de lembrar tal día como hoxe un dos homes máis grandes, e non só no físico, dos nosos oficios culturais; do noso oficio cultural, en concreto, que podería presumir de ser o máis "normalizado" lingüísticamente. E nin sequera os máis teimudos neste proceso continuamente saboteado, ás veces por eles mesmos, teñen hoxe unha palabra para o insobornable. Estamos facendo moi mal moitas cousas, Náufrago, claro que si. E non podemos botarlle só a culpa a non ter diñeiros para mercar voces ou faros coa idea de visibilizar o noso traballo. Tamén é verdade.
Quédanos o traballo inútil, inútil como ter fillos ou amar xente; agora que o penso, de poder escoller o pasado, sen dúbida, eu pediríame ser nai. Quédanos a beleza das palabras polas que temos a ilusión de que podemos apreixar o noso mundo; e quédanos, como escoitei a un escritor admirado aí atrás nuns encontros en Mariñán falando da promoción da súa obra: furar furar e furar. Nunca máis acertado sendo como somos para este mundo algo semellante ás toupas, que sacan molestas moreas de terra no medio do seu verde e uniforme césped.
Tal día como hoxe hai sete anos morreu o noso mestre Bolaño: Roberto. Vidal. Defensor do inútil. Unha das moreas de terra máis grandes no verde e uniforme prado.
Este texto habla de que en la vida estamos haciendo muchas cosas mal y otras muchas inútiles pero que aún así nos queda la belleza de las palabras y que Roberto Vidal Bolaño fue un gran escritor tiempo atrás.
ResponderEliminarPaula
En este texto habla de que lo que hacemos al principio con el paso del tiempo parecen cosas inútiles,e intentamos retroceder.Pero algunas veces no es así.
ResponderEliminarFlorencia
Bolaño habla de la palabra, de su uso, de como la usamos,y que le gustarìa ser madre para enseñar la belleza de las palabras.
ResponderEliminarEl autor de este texto habla de la inutilidad de ciertas cosas, como escribir en gallego, tener hijos o amar gente. Pero aún así tiene la ilusión de escribir porque le gusta la belleza de las palabras y dice que hay que seguir intentándolo, seguir escribiendo en gallego, aunque moleste a algunos.
ResponderEliminarEste texto habla de las cosas inútiles que hacemos en la vida como tener hijos, amar a una persona, pero al final de todo, solo nos queda la belleza de nuestras palabras, las que nos dan la ilusión de que podemos apreciar a nuestro mundo.
ResponderEliminarPaola