Los huérfanos
"Mais eu de quen quería falar precisamente
era de Isolina. De Isolina González... É a historia de Isolina. A nena de
Maniños á que levaron con dous anos ao orfanato de Ferrol, en 1947. O pai, Xaime
Vizoso, era un antifascista e foi asasinado ese ano por esbirros de Franco.
Levárono camiño do cemiterio de Barallobre. Torturárono até o linde da tortura.
Cortáronlle os dedos e metéronllos nos petos. Despezárono. Cando morreu, estaba
feito cachizas, como o ceo do que fala Lorca en Oficina e denuncia. Un
home esnacado na luxación da noite. A nai non puido soportar aquel martirio e
morreu ao puco, despois de perder tamén a crianza que levaba no ventre. E
Isolina foi ao orfanato cun irmán pequeno, nin andaba o neno. "Era un abrazo,
tiña o tamaño dun abrazo", dime Isolina.
Alí estivo, naquel lugar de medo, de ocultación, até os 18 anos. Traballaba
como unha escrava, apenas lle aprenderon a ler e escribir. Todo o día traballaba
Isolina, secadra a mellor costureira do mundo sen sabelo. Facía bordados
imposíbeis e zurcidos invisíbeis. Facía o que ninguén sabía: enfiar o chiffon
dos veos das monxas. Fixo un mantel para a casa da muller dun capitán
xeneral e deseñado para cen convidados. E fixo tamén as cen servilletas ben
bordadas coas mesmas cores da cerámica inglesa da vaixela. Isolina só podía ver
o exterior por un ventano. Era como o ollo do cosmos, que daba a luz. Así é a
ollada de Isolina. O que di dá luz. A súa boca é a da literatura. Por ela fala a
condición humana.
Aos 18 anos puido partir para Estados Unidos porque alí tiña familia emigrante que á fin a acolleu. Casou. Tivo cinco fillos. As que ela pasou! Unha versión galega d'As cinzas de Ánxela. O apelido González, venlle da voda cun portorriqueño. Volveu a Galicia, á Coruña. Os fillos eran cidadáns norteamericanos. Co tempo, o maior volvería a América. Pasou mil traballos, mais quería ser médico e á fin entrou na universidade máis prestixiosa, un lugar de culto para a mediciña americana: Harvard. Tamén Isolina volveu a USA. Esta vez non para pasar calamidades, senón para estudar. Pasou por Brooklyn College con éxito. Agora estase a doctorar na City University of New York. Os seus estudos abranguen toda a literatura peninsular e Latinoamericana. O fillo médico pagou os estudos de literatura á nai. E a nai ten unha misión na cabeza: escribir a historia de todos aqueles que ela coñeceu e non a pudieron escribir." (MANUEL RIVAS: A galega de Manhattan. El País, ed. Galicia, Galicia, 24/10/2008, p. 8)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Opinamos.