viernes, 25 de abril de 2014

Marité Prieto. Micro.

A filla dos de Pérez, seica sacóu matrículas en case todo.
Ah! e mira a neta dos de Máquez, dísque lle van dar unha beca, polo listíña que é.
Por certo: a rapaza dos González, nunca ven tan despeináda coma ti, trae as trenciñas coma se lle ...las acabaran de facer.
Ti non ves? que non eres capaz de ir a misa a hora?, e sentarte como Deus manda coas rapazas da túa idade?
Que odiosas comparacións....
A filla dos Pérez, acabóu roubando no banco Sabadell, onde entróu a traballar. As cartillas dos de Alemania, eran un lío...bárbaro.
A neta dos de Máquez, botóuse a mala vida, despois de se separar dun matrimonio aparentemente feliz. El era un Notario de moi boa familia. Ela gasta a pasta que lle correspondéu de sofrimento en desfrutar dos homes dos que gosta, sen importar nacionalidade nin idade. Os González, din que non saben nada dela dende hai moito...
O cura, que dicía misa cando era nena, está casado, e vive en Carballíño con unha muller que era catequista. Teñen un bar, é el prepara unha carne asada que é gloria bendíta. Ela non.
Eu, sego na mesma liña...
Sempre fun asi.
As farolas, acaban collendo ferrúxe cos anos, e xa non sabes cal foi colocada no muro de pirmeira.
Ver más

5 comentarios:


  1. As veces,
    unha daga atravesa o teu corazón.
    Desángraste en dor.
    pero non morres.

    De cando ferro entra en carne.

    ResponderEliminar

  2. Sempre entraba a mesma hora, por onde estaban os camelios brancos.
    Ela esperábao na esquina que daba contra a finca dos Valera, que era moi recollída.
    E asi, pasaban o tempo para eles preciso, ocupando o mesmo banco; el marchaba acanda a derradéira da campá de San Fiz.
    Aquela noite fíxose eterna.
    Pola mañan atoparon o corpo dos dous nun tétrico escorzo, mesmo semellaban as esculturas que os arrodeaban na finca.
    As gomas nos brazos non deixaba dúbidas.
    Nunha hora tocará a morte na parroquia.
    Botarán sabas brancas nos mobles que aínda quedan.

    ResponderEliminar
  3. Construíu un mundo a medida,
    pra ser feliz.
    Amencía nel.
    Soñaba.

    ResponderEliminar

  4. Construìu un altar,
    e non en memoria.
    Asi adoróu cada dia,
    o chegá-lo seran.
    Cada minuto de existencia,
    a fortuna de ter vivído.
    Achegába as mans o corazón,
    porque asi o sentía.
    E non rezába,
    porque non aprendera.
    Nin láios pola mala fortuna,
    nin fachenda polo que podía.
    No seu centro,
    o agasallo mais prezádo.
    Agradecemento.

    De cando ritos precisos.

    ResponderEliminar

  5. Calma na observación.
    Os nosos ollos sempre enfocados.
    En que realidáde?
    O camiño permanece,
    quen o percorre?
    con que obxectivo?
    Camiñemos,
    ainda asi.

    ResponderEliminar

Opinamos.