domingo, 27 de abril de 2014

La participación de Marco :-)

Ten doce anos,
e toquéa a sesta de vellíño.
O terror das tòpias,
mesmo de coéllos.
Do que fuxía a gran rata de río.
Agora todo son melindres......
Bo colchón,
en recibir raiólas.
E gran desexo de agarimo,
que amosa en descaro.
Hoxe notéi que róe mal o penso,
tocará enxúndia mol.
Que non hai encías eternas,
nin colmillo que non se atranque.
É o meu derradéiro...
Cando Tigris me falle,
nin un sucesor....
Que mágoa tan grande,
denantes unha lea.
Pasamentos variádos,
leváronnos ate aqui, os dous.
"Tigris", a sombra do meu preferído,
case tres anos que se fói "Dous"
Chegóuche o tempo do teu reinado,
exércelo na proba de sofás, butacas, sillas, sillóns, camas, alfombras grosas, ou rodapé o sol.
Meu gatiño vello,
meu compañeiro.
Quen a tua sorte tivera...
Aínda que tamén sofres de soedáde.
Moito che agradézo,
que mais levadéira fagas a miña.

De cando recapitulacións

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Opinamos.