Pai en Abril.
Lapices en luns.
Paixóns que medran.
En posibilidades infinitas.
Aceptando....
Límites.
Querido meu pai.
Asi te interpreto de cando novo.
Eu non estaba.
Nin era Abril.
Hoxe si.
Queridíño estas aqui.
Porque estas en min.
Nacin en Máio.
Case...foi en Abril.
E case...case.
Coñeces de verdade quen son.
Papaíńo: percorrin a túa cara.
E tantas veces percorrería.
Hoxe con lápiz.
Pero en ollos cheos de amor.
Rolda eterna, pai.
Na que espero atoparte.
Por decisión de peso.
Espero que che goste.
Xa que suspendía ate en debuxo...
Sei...que hoxe me das matrìcula,
Tirar de memoria,
imaxe desdibuxada.
Esquecídos detalles,
por tanto sen ollarte.
Tanto daria meu pai,
por sentirte a carón.
Soñéite ben anos,
sen querer soñarte.
Tan mal despedído,
apenas un lóstrego.
Volto a meniña,
cando me fas tanta falla.
Meu pai queridíño,
sego a falarche.
En canto un apuro...
pídoche consello.
En canto máis cumplo,
non noto distancia.
Nin canas que péine,
me alonxan de ti.
Alicerces moi fondos,
ancorados quedaron.
Guían os pasos,
que un dia afianzáche.
Ben mo avisáche,
que nada hai fácil.
Terápia de pai,
aínda me sana.
Máis a túa imáxe,
esvaéce segun son.
A esencia máis pura,
resíduo esencial.
Isa non! Isa gaña.
arrecendéndo cada dia.
Pai...meu pai,
sempre a canda min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Opinamos.