Saía coa camisa abrochada ate o último botón, as moedas xustas para o billete, e unha nota con todo o que tiña que facer no dia.
De luns a venres, na perfecta rutina, bebía os minutos coma píldoras dosificadas para un sentimento de vida fel...iz.
O sábado. non había botón, a nota subliñada en laranxa, e o reloxo marcaba diferenza.
O domingo, era o dia.
Nin botón, nin nota, nin reloxo.
Ninguén sabía, case nin el.
Permitíuse deixar unha pequena pista, invisíbel para o que se subía o coche.
Ninguén miraba a parte de atrás...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Opinamos.