miércoles, 5 de marzo de 2014

. NORMAS PARA A PROBA DE SELECCIÓN DO CONCURSO jÓVENES TALENTOS.

 


- Todo o alumnado participante deberá acudir á proba de selección debidamente




identificado co seu DNI ou Libro de Familia.


- O alumnado designado por cada centro escolar presentarase no lugar e á hora

sinalados pola oficina local de Coca-Cola para realizar a proba de selección,

consistente na elaboración dun RELATO.

- O relato deberá realizarse no papel oficial do concurso, cadernos de dúas follas

numerados, que se repartirán ao inicio da proba. Estes cadernos levarán un número

como identificación. Cada participante cubrirá cos seus datos persoais (nome, centro

escolar, código postal, provincia e cidade) a cabeceira do caderno e escribirá no

espazo correspondente da folla o nome da súa provincia, que será o único que o

identifique xunto co número.

- O tema do relato será establecido polos organizadores do concurso expresamente

para esta proba a partir dun estímulo narrativo que se desvelará o mesmo día da

proba.

- O relato, cunha extensión máxima dun caderno de dúas follas, non poderá ir

asinado.

- Deberase utilizar unha pluma estilográfica ou bolígrafo de tinta escura.

- Ao finalizar a proba, separarase de cada relato a parte superior ou cabeceira, onde

figuran os datos do concursante, e entregáranselle os relatos ao xurado autonómico

para a súa avaliación, sen a referencia que permita identificar os autores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Opinamos.