Artellábamos asaltar a finca de veranéo dos de "Lucas".
Iso producíanos a excitación do ladrón. E culpabilidáde...
Nos arredores, buscábamos talos de herbas desenvolvídas "pallíñas"... serían o soporte-contedor.
Eramos unha brigada de tres ou catro. Entrábamos no lugar, co péito zóupando coma un tolo.
Amorótes arrecendentes tapizaban a finca traséira, algo costanéira......
Na carreira contrareloxo, íamos enfiándo, unha a unha, ate encher catro ou cinco. Levábamolas na man, collidas entre o índice, corazón e polgar. Guirnáldas bermellas, tesóuros da nenez.
Saíamos axíña para xuntarnos en algures, e así deslizábamos os froitos enfiádos na nosa boca, enchendo o padal de aquel froito escaso e prohibído. En menos dun minuto, o botín era engulído. Gañéi!!
Por veces, ó pasar por diante do lugar dos feitos, agochaba as orellas, con medo...
Sigo vivíndo na parroquia onde vivín represalias propias, e a finca dos de" Lucas" está con un cartel de "Véndese". Eles morreron todos: algunha con nova no xornal. Non casaron agás un.
Eu sigo querendo entrar, aló na primavéira, na procura do meu botín.
Fragaria vesca.

De cando absolucións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Opinamos.