Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
- 1. A TOPONIMIA DOS BARRIOS 1. INTRODUCIÓN Un dos apartados que traballamos neste traballo sobre os barrios da área de influencia do IES Elviña é a toponimia do nome dos lugares, das rúas, dos camiños... Para este estudo consultamos varios documentos entre eles o que consideramos que é o máis completo de Fernando Cabeza Quiles sobre A Toponimia de Galicia. Aínda así observamos que o traballo realizado polos especialistas está aínda moi incompleto sobre todo no apartado da microtoponimia. Dada as dificultades utilizamos as entrevistas con xente dos lugares por si sabía algo sobre a procedencia do nome dos rueiros o do seu barrio. Agradecer por outro lado as conversas tidas con Xurxo Souto e a lectura do seu libro Contos da Coruña no que tamén ilustra algo sobre a orixe desta toponimia que vemos que está moi relacionada cos antigos usos agrarios desta periferia urbana.
- 2. 2. ELVIÑA O topónimo do polígono de Elviña cremos que non ten dificultade ningunha á hora de deducilo. As fontes medievais fan mención da enorme riqueza e produción de cultivos existentes nesta área. Especialmente a a presenza de viñedos que abastecían á cidade medieval de Clunia de viño do país e que estaba protexida a súa produción fronte a enorme competencia do viño doutras comarcas como a do Ribeiro. Topónimos como Elviña, San Cristovo das Viñas, Lagar de Castro... fan referencia á enorme importancia que este cultivo tiña no pasado. A topografía e o clima (zona de solaina e proteccións aos ventos) favoreceron estes usos agrarios. Outra interpretación sobre o topónimo, na opinión dos analistas do proxecto gaélico estaría relacionada coa forma que ten o territorio (topografía). Elviña podería ter a súa orixe na palabra Ailbhinn que en gaélico escocés quere decir precipio e foi anglicanizada como Elphin. O val de Elviña está xunto ao cumio do Penasquedo que se sitúa a 200metros sobre o nivel do mar e conta cunha pendente moi pronunciada. Hai outro Elphin en Irlanda. 3. SAN CRISTOVO DAS VIÑAS O topónimo está relacionado co uso agrícola comentado no apartado anterior.
- 3. En San Cristovo das Viñas atopamos varios topónimos significativos: 3.1. Lonzas. Este topónimo está mal castelanizado. Trátase orxinalmente de As Louzas (con “u” non con “n”). No rexistro parroquial de San Cristovo das Viñas, aparece sempre como Louzas ata que no século XIX os párrocos empezan a escribir o “n” en vez do “u” castelanizando mal o topónimo. As Louzas sae do termo latino lautia que significa entre outras, estrume, esquilmo, conxunto de toxos, herbas, fieitos... Este estrume utilizábase como abono do campo. 3.2. Marzán Perto da igrexa está o lugar de Marzán. Ten como sinónimos: marzadeira, marzasgas... que significa as rendas que determinados caseiros dun rueiro, tiñan que pagar ao dono das casas (probablemente da propia parroquia) ao dono das casas no mes de marzo de cada ano. 3.3. Birloque Este núcleo pertenecente á parroquia de San Cristovo das Viñas é onde se concentra a maioría da poboación desta área. A orixe deste topónimo é moi complicado. Non atopamos ningunha referencia nos estudos realizados polos especialistas. Non sabemos nada da súa etimoloxía. Hai que considera que é un termo bastante recente (desde finais do século XIX ou probablemente de principios do século XX). O nome birlo significa xogo de bolos formado por unhas figuras ou paus que se colocan nun lado e que hai que guindar tirándolles unhas bólas que deben chegar a eles polo aire ou arrolando polo chan. O verbo birlar significa tirar por segunda vez a bola desde o punto onde parou a primeira, que, como está perto dos bolos, fai posible que se poidan tirar moitos. Despois desta primeira acepción, o Dicionario pon como segunda o propio verbo: matar ou derribar a alguén dun golpe, con escopeta, arco ou outro instrumento. En xermanía ou caló, birlar significa estafar, e birloque ou birbesco, ladrón. Con estes antecedentes, haberá fundamento suficiente para chegar á orixe do nome do barrio? Se é así a súa orixe é despectiva.
- 4. 3.4. Laxes de Orro Laxas de pedra de superficie plana, xeralmente de forma cadrada ou rectangular. Tamén soen chamarse lousas. Orro é un termo xermánico: orrios ou riviolos que significan ríos ou regachos. Polo tanto as Laxes de Orro significa lousas do regacho, o cal é lóxico pois alí xuntábanse tres ou catro regachos que confluían no inicio do río Monelos á altura do Ponte da Pedra. 3.5. Ponte da Pedra Esta ponte e o río Monelos que pasaba por debaixo desapareceron ao construír a avenida. de Alfonso Molina. Continúa sendo hoxe en día o nome dun entorno urbano á entrada da Coruña. 4. FEÁNS Imaxe do lugar de Feáns en 1940. Esta localidade esta situada na estrada que comunica A Coruña coa parroquia de Morás (Arteixo). Hoxe en día trátase dun barrio periférico rururbano. O topónimo provén dun uso agrario: terreo onde se cultiva o feno. Este cultivo é unha gramínea ou tamén leguminosa seca, cortada e utilizada como alimento para os animais. Este feno é un cereal máis alto que o centeo ou trigo e máis cativo que as canaveiras. Tamén se utilizou para facer os teitos (Cabanas) das vivendas e as cortes cando aínda non había tellas. As prantas que se utilizan comunmente para o feno inclúe o ballico italiano (Lolium multiflorum) ou o balllico (L. perenne), con mesturas doutras herbas. Os rueiros e camiños deste lugar teñen moitísimos topónimos relacionados con labores agrícolas, terras de cultivo ou construcións relacionadas co agro, auga, vías ou topográficos son os seguintes: Correlo (vía) Convento (non temos constancia dun antigo edificio relixioso neste lugar), Muíño de Vento, Muíño Pequeno, Ferreira, , Obradoiro
- 5. (construción), Fonte, Fontáns de Feáns , Rego de Campos, Rego de Conxes, Rego de Beneirón, Manancial, Agüeira (auga) Campos, Alán, O Casal, Agra, Cameiros, Rufana (terreos) Outeiro de Feáns (topográfico), Aldea (entidades de poboación). O lugar de Feáns ben podería relacionarse con outra localidade madrileña que leva o seu mesmo topónimo: Alcalá de Henares. 5. MESOIRO Probablemente a palabra Mesoiro proceda do termo latino Mesorio que significa lugar de meses, cultivo de cereais. Pertenecente ao segador. Recoller cereais. Tamén o relacionamos coa súa forma topográfica: meseta? Terreo plano elevado sobre o nivel do mar. Mesoiro dálle nome a unha localidade e a un río que, pola zona do polígono de POCOMACO vai canalizado. Neste barrio tamén localizamos moitísimos topónimos como: Cadeiras, Castelo, Fonte Grande, Fonte Pequena, Horto, Lavadeiro, O Geán, Pouporón, Ramallos, Rúa Pequena, Suaseiras, Terreo. Relacionados cos antigos usos agrícolas existentes no pasado nesta zona.
- 6. 6. AS RAÑAS O termo As Rañas fai referencia a zona de monte baixo. Se observemos a topografía da paisaxe entendemos o significado do topónimo. Monte situado entre o val do Mesoiro e o val da Agrela. 7. MARTINETE Pasado o val de Mesoiro en dirección cara o centro da Coruña, existe o lugar do Martinete. Neste sitio houbo no pasado un batán movido pola auga do río onde se formaba unha pequena fervenza. Este é un dos nomes máis abundantes na toponimia galega. Os martinetes ou tamén batáns, consistían nun mazo grande de madeira ou ferro que soben e baixan movidos por unha roda-sarillo metida na corrente da auga do río, ou debaixo dunha corrente de auga. Estas construcións tiveron grande importancia en Galicia, pois servían para mazar o liño e as sabas feitas de lenzos e tamén para machacar o ferro quente para fabricar apeiro e obxectos caseiros. Outros topónimos moi extendidos por Galicia son cutián, pisón, folón, foloña... Lugar onde estaría situado o vello Martinete
- 7. 8. SOMESO O topónimo cun feito topográfico. O actual barrio de Someso está situado nunha chaira a unha altitude máis baixa (uns 50 metros) de Mesoiro despois de descender o río homónimo a partir do Martinete. Somesoiro (por de baixo de Mesoiro) podería ser o topónimo senón o abreviasemos. 8.1. Carracedo Entre o lugar de Martinete e A Cabana está situado este núcleo. A palabra deriva do latín carriceu, carex-caricis. Refírese a unha pranta de folla perenne cun rizoma longo do cal saen canas que acada os tres metros. Medran nas augas de pouco fondo facendo canaverais. Estes canaverais formaban Xunqueiras á beira do río Mesoiro no seu encontro co río Monelos uns metros augas abaixo.
- 8. 8.2. A Cabana O antigo núcleo principal de habitantes de Someso denominábase A Cabana. Topónimo moi frecuente en Galicia que fai mención a un tipo de construción moi humilde e rural. 9. SAN VICENTE DE ELVIÑA No lugar onde está situado o igrexario e o antiga aldea (hoxe incorporada ao campus de Elviña) atopámonos con moitos topónimos. Biudeiro, carballeiras fan mención ao tipo de bosque que rodeaba a este núcleo. Lamelas: terreo fangoso cheo de barro. Felga (perto da gasolineira da Avenida de Alfonso Molina) fai mención ás raíces secas da herba ou a un mato que nace por riba dos valados ao terrón desfeito ou ao toxo que se roza para estrume e outros usos. Peaga: correa que une o pescozo do animal co xugo pioga. Queimado: terreo onde se practican rozas ou estivadas (queima de matoxo para utilizar como abono). Saramelo: cascalla ou cobertura externa dos froitos secos como a noz. Cobertura exterior branda de certos froitos como a pataca. 10. CASTRO DE ELVIÑA
- 9. No lugar do Castro atopámonos con topónimos como O Souto que é un bosque de castiñeiros., Camiño das Penas da Agrela situado no perímetro do castro prerromano é probable que se tratase dun vello camiño que conectaba o castro coa Agrela. Pena do Cuco fai mención á situación elevada nun outeiro que ten o Castro, Rebanda e o corte que se realiza na madeira. Fai referencia a forte presencia de bosque situado nesta área. Probablemente zona para talar árbores. A Fraga é un bosque mixto con varias especies arbóreas e arbustivas. Rueiro de Lagares, que é onde existían as daegas para facer viño das uvas que se cultivaron abundantemente nesta parroquia. O Catecismo probablemente faga mención ao lugar onde se impartía a catequese no Castro que estaba distanciado da igrexa de San Vicente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Opinamos.